viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

O Celta ficha o porteiro serbio Dragan Rosic

Dragan Rosic. RC CELTAjpg
Dragan Rosic. RC CELTAjpg
Chega cedido ata final de tempada desde o UD Almería

O Celta de Vigo oficializou este martes a incorporación do porteiro serbio Dragan Rosic, quen chega cedido ata final de tempada desde o UD Almería da liga SmartBank. No seu comunicado de prensa, a entidade galega sinala que o internacional sub21 serbio destaca "pola súa axilidade baixo paus e a súa solvencia no xogo aéreo".

O Celta gárdase unha opción de compra ao finalizar a campaña sobre os dereitos federativos de Rosic, quen reforzará a portería do filial celeste no que resta de tempada.

Actualmente, o conxunto dirixido por Óscar García Junyent ten lesionados a dous dos seus tres porteiros do pimer equipo: Sergio Álvarez e Iván Villar.

O Celta ficha o porteiro serbio Dragan Rosic
comentarios