Desaparece na Canle da Mancha a avioneta na que ía Emiliano Sala

O dianteiro acababa de fichar polo Cardiff e ía rumbo a Gales para incorporarse ao equipo

Emiliano Sala, con la camiseta del Cardiff. TWITTER
photo_camera Emiliano Salga, coa camiseta do Cardiff. TWITTER

Dous avións e un barco buscan a avioneta na que viaxaba o xogador arxentino do Cardiff City Emiliano Sala, de 28 anos, e que desapareceu na Canle da Mancha, segundo confirmou a Policía de Guernsey.

Esta illa está preto de onde se cre que desapareceu a aeronave privada na que viaxaba o futbolista xunto a un piloto. A avioneta desapareceu na noite deste luns nunha zona próxima á Canle da Mancha.

O arxentino acababa de ser presentado polo club galés, que pagou 17 millóns de euros por el na fichaxe máis cara da súa historia. Esta tempada levaba 12 goles en 18 partidos.

Os equipos de rescate aínda non puideron atopar ningún rastro do avión extraviado. Un portavoz da Dirección Xeral da Aviación Civil de Francia ( DGAC) explicou a Efe este martes que os dous países puxeron medios de procura, e que se sospeita que o avión -un PA 46 Malibú- puido caer en augas británicas, ao redor das illas anglo-normandas.

O club galés emitiu un comunicado mostrando a conmoción vivida no equipo ante a noticia da desaparición do xogador. Ademais, o Cardiff cancelou o adestramento previsto para este martes, mentres que o Nantes, o seu equipo durante o últimas catro tempadas, suspendeu o partido copeiro deste mércores. 

O pai do dianteiro: "Estou desesperado"
O pai de Emiliano Sala relatou que a familia está "desesperada" ante a pouca información sobre o ocorrido ao seu fillo. "Eu non sei nada, non o podo crer, estou desesperado", afirmou Horacio Sala en declaracións á canle local C5 N, onde definiu ao seu fillo como "un mozo humilde".

Outras voces do fútbol uníronse ao Cardiff. O adestrador do Manchester City, Pep Guardiola, cualificou a noticia da desaparición de Sala como "terrible", aínda que chamou a esperar algún tipo de confirmación.

Comentarios