Cangas, catro medallas; Galicia, sete; España, 17

Os deportistas galegos lograron ademais varios diplomas olímpicos en Tokio
Ana Peleteiro. TWITTER
photo_camera Ana Peleteiro. TWITTER

A falta dun día para que terminen os Xogos Olímpicos de Tokio, España leva un botín de 17 medallas, tres de ouro, oito de prata e seis de bronce. Galicia, que contou con pouco máis de 20 representantes en Xapón, viu como sete deles lograban a cotizada presea. E, máis significativo aínda, é o caso de Cangas do Morrazo, o municipio pontevedrés que celebrou ata catro metais nestes Xogos.

Do Morrazo son Teresa Portela, prata en K1 200, e Rodrigo Germade, quen xunto ao betanceiro Carlos Arévalo proclamouse tamén subcampión olímpico co K4 500. A mesma medalla logrou o gardameta do Celta de Vigo Iván Villar coa selección de fútbol. Rodrigo Corrales, porteiro do combinado de balonmán, foi bronce.

Outros galegos que se colgaron unha presea en Tokio foron Ana Peleteiro (Ribeira, 1995) en triplo salto e o vigués Nico Rodríguez en vela. 

A iso hai que sumarlle ademais varios diplomas olímpicos, como o do viveirense Adrián Ben no 800, o da pontevedresa Antía Jácome en piragüismo e o do noiés Caetano Horta en remo. Tamén en deportes de equipo lográrono Tamara Abalde e Alberto Abalde coas seleccións de baloncesto. 

Máis en Deporte General
Comentarios