Calmejane imponse en San Andrés de Teixido

O francés deixou aos seus compañeiros de fuga na subida final ► Atapuma, novo líder ► Os favoritos entraron xuntos en vésperas da etapa entre Viveiro e Lugo
El pelotón cruza la ría de Betanzos
photo_camera El pelotón cruza la ría de Betanzos

O francés Lilian Calmejane (Direct Energie) impúxose na cuarta etapa da Volta a España disputada entre Betanzos e San Andrés de Teixido, de 163,5 quilómetros.

Calmejane, que atacou dentro dunha fuga de 20 corredores no ascenso final cara a meta, presentouse en meta en solitario cun tempo de 4h.05.18, por diante do colombiano Darwin Atapuma (BMC) e do francés Pierre Rolland (Cannondale). A segunda vitoria francesa consecutiva na 71 edición da Volta.

Os favoritos entraron xuntos sen diferenzas e a camisola vermella vai parar ás costas do colombiano Atapuma. Este mércores dispútase a quinta etapa entre Viveiro e Lugo, de 171,3 quilómetros.

Comentarios