Berizzo viaxará con todo o persoal a Mánchester

O único futbolista que non estará en Old Trafford será Giuseppe Rossi, que se atopa en Dallas, recuperándose dunha lesión no xeonllo
Eduardo Berizzo
photo_camera Eduardo Berizzo

O adestrador do Celta de Vigo, Eduardo 'Toto' Berizzo, convocou a todo o persoal para o histórico partido de volta das semifinais da Europa League contra o Manchester United, incluído o porteiro da filial Iván Villar.

O único futbolista que non estará en Old Trafford é o dianteiro Giuseppe Rossi, que se atopa en Dallas (EE UU) recuperándose da grave lesión que sufriu no seu xeonllo esquerdo no partido da liga Santander contra o Vilarreal.

A lista completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Rubén, Hugo Mallo, Fontás, Pape, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Lemos, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Roncaglia.

Máis en Deporte General
Comentarios