Outro atleta obstruye a Orlando Ortega na final e queda sen medalla

Ía segundo cando lle entorpeceu Omar McLeod e acabou quinto nos 110 valos ► "Paréceme un roubo, unha estafa", denuncia ► España pide repetir a carreira ou que concedan o bronce a Ortega
McLeod antes de obstruir a Orlando Ortega. LAVANDEIRA JR
photo_camera McLeod antes de obstruir a Orlando Ortega. LAVANDEIRA JR

O estadounidense Gran Holloway, líder mundial do ano con 12.98, proclamouse campión mundial de 110 m. valas nunha final desgraciada para o español Orlando Ortega, que foi obstruido polo campión olímpico e mundial, o jamaicano Omar McLeod cando ía segundo a poucos metros da meta.

A medalla de prata foi para o ruso Sergey Shubenkov con 13.15 e a de bronce para o campión de Europa, o francés Pascal Martinot-Lagarde, con 13.18.

O chinés Wenjun Xie (13.29) acabou pasando ao español, quinto con 13.30, que viu a súa rúa cinco invadida por McLeod pouco antes de atacar o décimo obstáculo e non puido rematar a súa progresión no último tramo, que é a súa especialidade. 

Orlando Ortega denunciou o incidente como "un roubo, unha estafa". "Agora mesmo, que me perdoen os afeccionados, pero estou sen palabras. Paréceme un roubo, unha estafa. A IAAF ten que facer algo con este evento, porque non é a primeira vez", declarou airado tras a carreira.

A delegación española solicitou ao Xurado de Apelación que se repita a final, ou ben que se lle conceda a Ortega a medalla correspondente ao posto que ocupaba no momento do incidente, terceiro segundo o escrito.

"Unha apelación foi presentada polo equipo de España alegando que o seu atleta Orlando Ortega foi obstruido durante a carreira e seriamente afectado, dado que estaba terceiro no momento do incidente pero o seu progreso foi claramente impedido, facendo imposible para el manter a súa posición de medalla", informou a IAAF.

Comentarios