Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Aspas entra na lista de Luís Enrique por problemas familiares de Costa

Iago Aspas celebra un gol anotado con España este mesmo ano. JAVIER LIZÓN (EFE)
Iago Aspas celebra un gol anotado con España este mesmo ano. JAVIER LIZÓN (EFE)

O de Moaña incorporarase este luns á concentración

A primeira convocatoria de Luís Enrique Martínez como seleccionador español sofre un cambio de última hora o día que se incorporan os internacionais á concentración na Cidade do Fútbol, por problemas familiares de Diego Costa que deixa a súa praza ao moañés Iago Aspas.

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) informou vinte minutos antes de que se cumpra a hora á que se deben incorporar os xogadores citados por Luís Enrique para disputar os partidos ante Inglaterra e Croacia da liga das Nacións de UEFA, que Diego Costa causa baixa por cuestións "familiares".

O oco que deixa o dianteiro do Atlético de Madrid ocúpao un dos que foran descartados respecto dos que defenderon a España no Mundial de Rusia, o dianteiro do Celta de Vigo Iago Aspas, que se incorporará durante o luns á concentración en Las Rozas.

Aspas entra na lista de Luís Enrique por problemas familiares de Costa
Comentarios