Así chegan os representantes galegos a Tokio: as súas aspiracións e opcións de medalla

Galicia, con 21 deportistas, terá a participación máis alta da historia nuns Xogos Olímpicos
Teresa Portela, Adrián Ben y Javier Gómez Noya.
photo_camera Teresa Portela, Adrián Ben e Javier Gómez Noya.

Quedan escasos días para que os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 comecen e aínda que non haberá público, será un evento deportivo para a historia. Entre os miles de competidores que se darán cita en Xapón este verán, haberá 21 galegos que loitarán por deixar o seu nome no máis alto. A deste ano será a representación máis alta da historia dos Xogos Olímpicos, por encima dos 18 de Barcelona ou Sidney. Algúns con claras opcións de medalla e outros buscando dar a badalada. Estes son e así chegan os olímpicos galegos:

ATLETISMO (800 M)

Adrián Ben, tras a final de 800 metros en Doha. LAVANDEIRA JR. (EFE)Adrián Ben

O atleta nacido en Viveiro fai soamente 22 anos afronta os seus primeiros Xogos nun dos seus mellores momentos de forma. Tras superar unha importante lesión que frustrou gran parte da tempada, Ben chega a Tokio co título de campión de España e a súa mellor marca de sempre. O lucense vén ascendendo postos no ranking mundial e espérase que teña moitas opcións de entrar na final. Para o mediofondista "non existe nada máis grande que poder chegar a uns Xogos" e está preparado a pesar de ser consciente da dificultade da súa disciplina. "Os 800 metros son tan complicados que calquera pequeno detalle pódeche eliminar xa ás primeiras de cambio" dixo.

ATLETISMO (TRIPLO SALTO)

Ana Peleteiro nunha dás súas competicións. DPAna Peleteiro

Tamén campioa de España e con marca persoal ao aire libre na última competición nacional, Ana Peleteiro chega de doce aos Xogos. Cun salto de 14,61 a ribeirense demostra que pode ser competitiva nesta cita. Tras lograr a prata no último europeo celebrado hai uns meses, Peleteiro irá a por todas aínda que as medallas olímpicas sempre son un obxectivo complicado.

ATLETISMO (LANZAMENTO DE PESO)

Belén Toimil, tras o lanzamento.ADAM WARZAWA

Belén Toimil

A plusmarquista española tanto en pista cuberta como en aire libre afronta estes Xogos Olímpicos nunha enorme progresión ascendente. Ano a ano Toimil supérase a se mesma e vaise achegando á elite mundial. Seguramente aínda non se sitúe na loita polos postos máis altos da clasificación, pero lle servirá como toma de contacto. En vistas da súa progresión e melloría, Tokio aínda lle chega pronto e o seu nivel será maior en futuras competicións.

PIRAGÜISMO (K1 200)

Teresa PortelaTeresa Portela 

Se hai unha muller á que relacionar os Xogos Olímpicos ten que ser Teresa Portela. A canguesa participará aos seus 39 anos nas súas sextas olimpíadas, algo que ningunha española logrou xamais. A padeeira chegará á competición na mellor forma posible dada a súa idade e as dificultades derivadas da pandemia. Será complicado que logre loitar polas medallas, o seu papel seguramente sexa o de competir e dar o máximo de si mesma.

PIRAGÜISMO (K1 200 E K4 500)

undefined

Carlos Arévalo

O único galego ao que veremos competir en dúas modalidades distintas será Carlos Arévalo. En individual, Arévalo competirá na mesma disciplina que Teresa Portela, tras conseguir a única praza española. Arévalo derrotou aos seus compañeiros de equipo na outra proba na que competirá: K4 500. A embarcación formada por Arévalo, Marcus Cooper, Saúl Craviotto e o tamén galego Germade será unha clara aspirante ao ouro.

PIRAGÜISMO (K4 500)

Rodrigo Germade. ARQUIVORodrigo Germade 

Como está dito, o cangués Rodrigo Germade formará parte da embarcación no K4. Germade, con experiencia xa nos Xogos e con múltiples medallas en Europeos e Mundiais, chega nun gran momento para Tokio. A gran competidora para os españois será Alemaña, que xa se impuxo no Mundial de 2019. 

PIRAGÜISMO (C1 200)

Antía Jácome, clasificada para o Mundial. DPAntía Jácome

Outra pontevedresa estará en Tokio subida a unha piragua. Antía Jácome foi a última en conseguir o seu billete para a cita olímpica tras imporse na última proba selectiva. A mera clasificación de Jácome xa é meritoria, ten tan só 22 anos e o seu adestramento está enfocado na especialidade de C2, na que non conseguiu clasificarse. A súa participación nos Xogos será unha gran oportunidade de mostrarse e elevar o seu nivel competitivo.

REMO (LM2x)

Caetano Horta adestrando

Caetano Horta

Con tan só 18 anos o remeiro noiés estará en Tokio xunto ao seu compañeiro de embarcación Manel Belasteguí. A pesar da súa curta idade, Horta leva anos competindo a gran nivel e logrou clasificarse aos Xogos gañando a final B do Europeo. Existe unha lóxica dificultade nesta cita ao enfrontarse con xente moito máis maior e experimentada. Con todo, non se pode descartar un papel protagonista dada a igualdade que adoita haber na súa modalidade.

VEA (CLASE 470)

Nicolás Rodríguez

Nicolás Rodríguez

Outro dos que gozan de claras opcións de alzarse co ouro é Nicolás Rodríguez, xunto ao seu compañeiro Jordi Xammar. A parella ocupa o primeiro posto no ranking mundial da categoría e iso fainos favoritos. A pesar de ter medallas en europeos e mundiais, o vigués aínda non ten ningún ouro nunha gran competición e non hai lugar mellor para conseguilo que Tokio.

VEA (CLASE 49er.FX)

JAVI Entrevista a Támara Echegoyen. Estarei euTámara Echegoyen

A experimentada deportista xa sabe o que é gañar un ouro olímpico e irá con todo para lograr repetir esa posición en Tokio. A pesar de que o ouro da ourensá foi nunha modalidade de vela distinta, en 2016 xa logrou un 4º posto nesta disciplina. Xunto á súa compañeira Paula Barceló, campioas do mundo en 2020, son unha das parellas favoritas para lograr, como mínimo, unha medalla.

VEA (CLASE 49ER)

IagoLopezIago López

Igual que Echegoyen, Iago López parte como un dos favoritos ás medallas nestes Xogos Olímpicos. A súa prata no último mundial xunto ao seu compañeiro Diego Botín é motivo suficiente para iso. A parella leva xa moitos anos traballando xuntos, foron novenos en Río 2016, e cada ano mostran un maior nivel e compenetración.

BALONCESTO 

Alberto AbaldeAlberto Abalde 

O xogador do Real Madrid logrou pasar o corte e estará entre os 12 integrantes do combinado español que intentarán o ouro olímpico. Abalde forma parte do núcleo novo da selección, que achegará enerxía e vento fresco aos veteranos. Tras a consecución do último mundial e o nivel mostrado nos partidos de preparación existe optimismo sobre o papel que fará a selección. Iso si, a competencia encabezada polo Dream Team de Estados Unidos será feroz.

BALONCESTO

Tamara AbaldeTamara Abalde

Alberto Abalde non estará só na cita olímpica, a súa irmá Tamara tamén estará a defender a camiseta da Selección en Tokio. A maior dos irmáns sabe o que é xogar uns Xogos, posto que competiu nos do 2008. A Selección vén pechando un espectacular ciclo gañador no que xa conseguiu unha medalla olímpica, prata en 2016.

BALONCESTO

Raquel CarreraRaquel Carreira. EFE

Outra xogadora galega que estará coa Selección será a ourensá Raquel Carrera, que aos seus 19 anos xa sabe o que é ser MVP nun gran partido ou drafteada na WNBA. A xogadora da Valencia Basket vivirá a súa primeira gran experiencia internacional a nivel absoluto tras participar en múltiples competicións en categorías inferiores. Será un plus a súa presenza en Tokio, tanto para o equipo como para axudala a que lidere as novas xeracións.

BALONMáN

Alicia Fernández disponse a lanzar a portería.Hiroshi Yamamura (Efe)Alicia Fernández

A xogadora de 28 anos é unha das guerreiras que irán a por todas a Tokio. Alicia Fernández, natural de Valdoviño, conta xa con máis de 50 partidos coa Selección e terá un papel importante. O equipo aspira a todo, algo referendado nos éxitos da última década: subcampeonato do mundo en 2019, bronce nos Xogos do 2012 ou o subcampeonato europeo do 2014.

BALONMáN

Rodrigo Currais celebra unha parada. EFERodrigo Corrales

Se as guerreiras darán guerra en Tokio, os hispanos non serán menos. Un dos alicerces do combinado español é, sen lugar a dúbida, o porteiro cangués Rodrigo Corrales. Aos seus 29 anos o xogador do MKB Veszprém húngaro está nun gran momento, sendo un dos mellores porteiros do mundo. O seu nivel con España no último mundial, no que lograron o bronce, foi altísimo e espérase que nestes Xogos volvan repetir ese gran papel.

SKATEBOARD (PARK)

Julia BenedettiJulia Benedetti

A máis nova con diferenza é Julia Benedetti. Aos seus 16 anos debutará nos Xogos, ao igual que a súa disciplina. Por primeira vez na historia o skateboard será deporte olímpico e esta coruñesa logrou a súa clasificación tras quedar entre as mellores no circuíto mundial. Benedetti xa foi campioa de España e sabe o que é lograr unha medalla nun torneo internacional tras o seu bronce nos Xogos Mundiais de Praia de Doha. Na súa disciplina competirá con outras 19 mulleres por levar unha presea.

BOXEO (-91 KG)

Enmanuel Reyes

Enmanuel Reyes

Un galego de adopción tamén estará na loita polas medallas. Trátase de Emmanuel Reyes, nacido en La Habana e emigrado a A Coruña en busca dunha oportunidade para competir. Ésta xa lle chegou e o cubano estará nos Xogos. Reyes chega a Tokio logo de grandes actuacións, competindo dignamente contra os mellores do seu peso, -91 Kg. O boxeador é unha das esperanzas do boxeo español e estará nas quinielas para as

TRIATLÓN

Gómez Noya. RAFA FARIÑAJavier Gómez Noya

Un dos grandes nomes da historia do deporte galego chega a esta competición coa intención de quedar no máis alto. Cinco veces campión mundial, catro veces de Europa, prata olímpica... Gómez Noya buscará agrandar a súa lenda en Tokio tras perderse a anterior cita olímpica por unha inoportuna lesión. Aos seus 38 anos, o deportista será tamén o capitán do equipo español, que é un dos máis fortes do mundo.

TIRO CON ARCO

DANIEL CASTRO BARCALADaniel Castro Barcala

O pontés Daniel Castro estará en Tokio tras gañar a praza reservada para España en tiro con arco. Tras lograr un ouro no Mundial por grupos e unha prata no individual, a presión non será un problema na súa primeira experiencia olímpica. Castro séntese "preparado, contento e con moitas ganas de facelo igual de ben que todo este ano". O arquero é consciente da dificultade duns Xogos Olímpicos e só espera "facer ou meu traballo, dar o 100% no que depende a min". "Vou sen expectativas de medalla porque non depende só de min senón dúas rivais que compitan comigo", recoñece Castro.

Iván Villarundefined

O porteiro do RC Celta viaxa a Tokio tras ser importante co equipo vigués ao longo da tempada. Villar quedouse fóra da lista nun primeiro momento, pero entrou na convocatoria tras o positivo de Álex Rodríguez. A priori é o terceiro porteiro do combinado nacional e só entraría en acción en caso de lesión dun compañeiro. A selección olímpica española, infestada de xogadores de gran nivel, é unha das favoritas a levar o ouro olímpico.

Máis en Deporte General
Comentarios