Antía e Irene Samper, convocadas coa selección española

As dúas xogadoras do Pescados Rubén Burela FS formarán parte dunha concentración entre o 22 e o 29 de agosto
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Irene Samper en un partido de la pasada campaña. JOSÉ Mª ÁLVEZ

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS Irene Samper e Antía foron convocadas coa selección española absoluta. O combinado nacional concentrarase entre os días 22 e 29 de agosto para preparar a fase de clasificación do Europeo do próximo mes de outubro.

Ademais dos adestramentos que se fagan na Cidade do Fútbol das Rozas, tamén xogarán un encontro amigable o día 28 de agosto fronte ao AD Alcorcón, equipos da Primeira División feminina. Antía e Irene Samper xa estiveron nalgunhas outras ocasións en concentracións da selección española.

O resto das xogadoras convocadas son: as porteiras Marta e Silvia e as xogadoras de campo Laura, Noelia, Mayte, María Sanz, a exburelista Ale de Paz, Jenny Lores, Luci, Ana, Irene Córdoba e Vanessa Sotelo. En total 14 xogadoras que estarán ás ordes de Claudia Pons.

comentarios