O ocaso de Manuel Pablo e Valeron en Riazor

Arribas, sancionado por tres partidos

O central do deportivo perderase o partido desta xornada contra As Palmas, que podería supor o último reencontro sobre o terreo de xogo de Manuel Pablo con Valerón, ademais dos choques contra o Sevilla e o Barcelona
Alejandro Arribas
photo_camera Alejandro Arribas

O Comité de Competición sancionou con tres partidos ao central do Deportivo Alejandro Arribas pola acción que levou á súa expulsión ante o Celta de Vigo o pasado sábado en Balaídos, o que lle impedirá xogar ante a UD As Palmas, o Sevilla e o Barcelona.

O Deportivo informou que xa recibiu a notificación da sanción e apuntou que, en principio, non a recorrerá.

Arribas foi sancionado cun partido por ver dúas amarelas ante o Celta e con dous encontros máis polas súas palabras ao colexiado do choque, Fernández Borbalán.

O xogador do Deportivo vira a primeira amarela do partido aos 60 minutos por "derrubar a un contrario cando este estaba en posesión do balón" e volveu ser amoestado no 68 por "disputar o balón a un contrario de forma temeraria", tal e como reflectiu a acta arbitral.

Fernández Borbalán explicou, ademais, no apartado "outras incidencias", que o xogador se dirixiu" a el "unha vez expulsado e antes de abandonar o terreo de xogo" dicíndolle "tres veces: 'Hoxe roubáchesnos igual que o día do Vilarreal'".

No partido no que se refería Arribas, o Deportivo caeu 1-2 no tempo de desconto e foron reclamados dous penaltis a Fernández Borbalán: un por unha saída temeraria do porteiro do Vilarreal, Areola, que levou por diante ao central, e outro por un agarrón a Lucas Pérez.

O colexiado non os sancionou e en cambio castigou coa pena máxima no desconto do partido a caída na área de Denis Suárez ante Fernando Navarro, o que supuxo o gol do triunfo do equipo visitante.

Máis en Deporte General
Comentarios