Contador gaña a Volta ao País Vasco e reformúlase o seu futuro no ciclismo

O ciclista de Pinto imponse na rolda vasca tras unha exhibición na última etapa, unha contrarreloxo de 16,5 quilómetros, e recoñece que "é posible que siga algún ano máis" ► Os colombianos Sergio Henao e Nairo Quintana completan o podio final
Alberto Contador posa orgulloso en el podio con la tradicional 'txapela' de la ronda vasca
photo_camera Alberto Contador posa orgulloso en el podio con la tradicional 'txapela' de la ronda vasca

O corredor español Alberto Contador (Tinkoff) proclamouse gañador final da 56 Volta ao País Vasco, unha vez disputada este sábado a última etapa en Eibar (Gipuzkoa), unha contrarreloxo de 16,5 kms. con saída e chegada na localidade armeira que tamén gañou o ciclista madrileño.

Con este triunfo, Contador, que suma sete grandes voltas e total de quince roldas por etapas, logrou a súa cuarta txapela na carreira vasca e empatou co tamén español José Antonio González Linares, que tamén se impuxo en catro ocasións.

Acompañaron ao pinteño no podio os colombianos Sergio Henao (Sky) e Nairo Quintana (Movistar), que intercambiaron as súas posicións nas diferentes clasificacións. Así, Quintana foi segundo na etapa e terceiro no xeneral, e Henao, líder tras a xornada reina en liña do venres, terminou terceiro na etapa e segundo na Xeneral.

FUTURO INCERTO. Alberto Contador asegurou que se está "reformulando o futuro" para seguir algún ano máis en activo, descartando a retirada que anunciou no seu momento ao final da presente tempada.

"Estou contentísimo co triunfo de etapa e do xeneral. Fixen un traballo moi duro no inverno e en todas as carreiras estiven ben, aínda que algunha se me escapou por segundos. Esta vez non ocorreu. A verdade é que estas cousas animan e estoume reformulando o meu futuro, é posible que siga algún ano máis", dixo Contador na meta de Eibar.

O ciclista madrileño asegurou que termina a primeira parte da tempada "da major forma posible".

"Non puiden gañar en Cataluña , pero quedei con bo sabor de boca. Aquí vin gañar e faime feliz a vitoria porque nunca gañara unha carreira catro veces", comentou.

Respecto da contrarreloxo explicou as súas sensacións nos 16 quilómetros de percorrido.

"Dixéronme pola radio que levaba diferenzas grandes sobre os rivais directos. Non quería cometer erros e irme ao chan, iso seria o peor, pero logo apertei a lume de biqueira e gañei", concluíu.

comentarios