Aitor González, gañador de La Vuelta en 2002, detido por roubar

O ex-ciclista rompeu cun martelo, presuntamente, o escaparate dunha tenda de teléfonos móbiles de Alacante
El exciclista Aitor González, ganador de La Vuelta a España en 2002, accede al juzgado de Alicante
photo_camera El exciclista Aitor González, ganador de La Vuelta a España en 2002, accede al juzgado de Alicante

O gañador da Volta Ciclista a España de 2002, Aitor González, foi detido no momento no que, presuntamente, rompía cun martelo o escaparate dunha tenda de teléfonos móbiles da cidade de Alacante para roubar no interior.

Segundo confirmaron a Efe fontes policiais, o suceso produciuse sobre as 2 horas do pasado día 25 nun establecemento situado na rúa García Andreu, no centro da cidade, onde supostamente González xa fracturara a persiana e roto o cristal co martelo.

Un axente fóra de servizo ouvira ruídos e alertou a unha patrulla, que arrestou a González in fraganti antes de que chegase a culminar a subtracción.

Deste xeito, a González impútaselle un suposto delito de roubo en grao de tentativa, segundo as mesmas fontes.

Aínda que nacido en Zumárraga (Guizpúzcoa), González (1975) reside desde hai anos en San Vicente do Raspeig, a menos de dez quilómetros de Alacante.

Gañador da Volta Ciclista a España en 2002 co equipo Kelme e vencedor nunha etapa do Tour de Francia (2004) e outras tres no Xiro de Italia (dous en 2002 e unha en 2003), non é a primeira vez que é detido desde que colgase a bicicleta.

En agosto de 2007, o exciclista foi condenado por un xulgado alacantino a unha multa de 1.080 euros e á retirada do carné de conducir durante un ano e un día por ir ao volante baixo os efectos do alcol e a cocaína e pór en risco a seguridade do tráfico.

Ademais, en xaneiro de 2008 foi detido en Elxe por, supostamente, participar nunha agresión ao xerente e a un empregado dunha inmobiliaria ilicitana nun asunto relacionado cunha débeda, e en 2011 tamén foi capturado pola súa presunta implicación nunha estafa de algo de máis de 1.000 euros a unha entidade bancaria.

Máis en Deporte General
Comentarios