Asasinada polo seu marido a directora do circuíto Spa-Francorchamps

O home tamén acabou coa vida da avogada de Maillet antes de suicidarse
Nathalie Maillet.TWITTER
photo_camera Nathalie Maillet.TWITTER

A directora do circuíto belga de Spa-Francorchamps, Nathalie Maillet, e a súa avogada e amiga foron achadas morta na madrugada deste domingo no seu domicilio na localidade de Gouvy, nun crime cometido polo seu marido, quen se quitou posteriormente a vida.

Segundo un comunicado da Fiscalía recollido pola radiotelevisión pública belga RTBF, a policía achou os corpos sen vida de dúas mulleres  e dun home no domicilio da parella con feridas de bala. A segunda muller sería, segundo outros medios locais, a avogada de Maillet.

"Segundo a primeira información recompilada, o home usaría deliberadamente a súa arma contra as dúas mulleres, incluída a súa esposa, resultando na súa morte, antes de suicidarse", apunta o comunicado.

A Fiscalía da provincia belga de Luxemburgo investiga xa o sucedido e á escena desprazáronse un xuíz de instrución, o fiscal de quenda, un médico forense, un perito de balística e o laboratorio técnico e científico da policía.

Maillet, de nacionalidade francesa, asumiu a dirección do circuíto en >2016 tras liderar nun estudo de ecoarquitectura, aínda que xa estivera anteriormente vinculada ao automobilismo a través do seu pai, o seu tío e o seu marido.

O suceso coincide coa celebración este fin de semana do rally de Ypres no circuíto de Spa, onde o belga Thierry Neuville (Hyundai i20) alzouse coa vitoria.

Comentarios