A ACB deixa sen efecto o 24 de abril como data de regreso da liga Endesa

Un balón de baloncesto. PIXABAY
photo_camera Un balón de baloncesto. PIXABAY

A Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) fixo público este xoves un comunicado no que informa de que, tras reunirse coas 18 entidades que a conforman, deixa sen efecto o 24 de abril como data para o regreso da competición da Liga Endesa, suspendida pola pandemia de coronavirus.

"Os 18 clubs da ACB celebraron este xoves unha reunión informativa por videoconferencia para avaliar os efectos do período de suspensión temporal e continuar traballando en escenarios futuros. En consecuencia, a ACB deixa sen efecto a data establecida para o 24 de abril, e analizará nas próximas semanas a evolución da crise sanitaria para tomar decisións", sinala.

Na nota Antonio Martín, presidente da ACB, mostra "en nome de todos os clubs o profunda dor polos estragos desta terrible pandemia". "Acompañamos no sentimento ás familias que o están sufrindo e que non poden despedirse dos seus seres queridos”, agrega.

Antonio Martín sinala que, no terreo deportivo, “o obxectivo de renovar a competición mantense intacto" e analizarán xunto aos clubs "o mellor xeito de conseguilo, asegurando sempre a saúde de todos os participantes”.

O pasado día 16 de marzo, a ACB ampliou a suspensión da liga Endesa ata o 24 de abril.

Máis en Deporte General
Comentarios