miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

FICHA TÉCNICA

4-3. Outro gol no desconto tomba a un bo Deportivo que se olvida de sumar

Andone se lamenta ante el Málaga
Andone se lamenta ante el Málaga
Os de Garitano lograron empatar a tres goles pero, do mesmo xeito que ante o Sevilla, viron marchar o punto despois do 90

O Málaga, cun gol na prolongación do dianteiro da canteira Javi Ontiveros, derrotou por 4-3 a un bo Deportivo, que mereceu máis. O conxunto malagueño viña de empatar no Camp Nou (0-0) co Barcelona, e o equipo galego de perder en Riazor contra o Sevilla, do mesmo xeito que este sábado no tempo de prolongación.

Sen moita xente nas bancadas da Rosaleda pola choiva, empezou o partido e fíxoo cun duro golpe para os locais, unha internada do centrocampista Bruno Gama pola dereita que ve como o lateral esquerdo uruguaio Federico Ricca o agarra dentro da área, sinalando a pena máxima o colexiado Bikandi Garrido.

Borges foi o encargado de executar, enganando ao gardameta camerunés Carlos Kameni, no minuto 4, pondo ao Depor por diante no marcador. O Málaga estivo incómodo no campo ante un Deportivo tranquilo, tocando e sendo superior aos locais, sobre todo no centro do campo.

Os locais intentaron espertar do letargo e, cando menos o merecía, un centro cara ao dianteiro uruguaio Michael Santos, cando este buscaba o disparo na área pequena, terminou cun agarrón do Borges, que o colexiado tamén sinalou como penalti. O propio Santos lanzou a pena máxima conseguindo a igualada no minuto 21.

O máis difícil fixérao o Málaga, xa que con escasas ocasións e moitísimas imprecisións empatara un encontro controlado en todo momento polo Deportivo, que continuou, tras o gol local, dominando e buscando á contra o segundo. Pero nunha falta sobre o centrocampista venezolano Juanpi Añor, na frontal da área, Sandro asumiu a responsabilidade e o seu lanzamento entrou pola escuadra para adiantar ao Málaga no minuto 39.

O Málaga, romo en ataque, cambiou o decorado no inicio da segunda parte con máis presencia en campo do rival. Iso significou que unha xogada de tiraliñas entre Rosales, Fornals e o centro de Rosales pola dereita o aproveitase Santos, no punto de penalti, para bater a Tyton cun disparo que entrou pegado ao poste dereito.

A REMONTADA INCONCLUSA. Era a sentenza ou iso crían os afeccionados, porque o Deportivo non se engurrou e creou moitos problemas á liña defensiva do Málaga, cunha ocasión que non aproveitou Marlos Moreno, só dentro da área grande. O equipo malagueño, cansado polo esforzo, deulle metros ao Deportivo, que embotellou nalgúns momentos aos malaguistas na súa propia área.

O gol deportivista tiña que chegar pola súa insistencia e, tras un centro de Carles Gil, Andone, de cabeza superando a Torres e a Kameni, acurto diferenzas.

Pero as desgrazas  para os malguistas continuaron porque un centro pola dereita despexouno Kameni e tocou en Borges, situado na área pequena, introducíndose o balón para que chegase o empate a tres.

Cando o partido morría, na prolongación, un canteirán, o dianteiro Javi Ontiveros, fabricouse un gran gol cun disparo desde o frontal que bateu a Tyton. Era o cuarto e a vitoria para os locais sen tempo para mais.

4-3. Outro gol no desconto tomba a un bo Deportivo que se olvida de...
comentarios