3-2. O Ourense Envialia gaña a Copa de España

As ourensás levaron a final disputada no pavillón da Seca de Poio ante o gran favorito: o Futsi Atlético Navalcarnero
Las jugadoras del Ourense Envialia celebran la Copa de España tras concluir la final contra el Futsi Atlético
photo_camera Las jugadoras del Ourense Envialia celebran la Copa de España tras concluir la final contra el Futsi Atlético

O Ourense Envialia deu a sorpresa na final da Copa de España de fútbol sala feminino e proclamouse campión este domingo tras derrotar ao gran favorito e defensor do título, o Futsi Atlético Navalcarnero, por 3-2.

Coas bancadas do pavillón da Seca de Poio abarrotadas, as ourensás lograron un triunfo épico, mandando o partido á prórroga grazas a un penalti a falta de 14 segundos transformado por Andrea Caro. No tempo extra, e de rebote, Luci marcou o 3-2 que lle deu o primeiro título de Copa de España ao Ourense Envialia.

Máis en Deporte General
Comentarios