2-1. O Valladolid B tropeza e segue a cinco puntos do Pontevedra

O filial valisoletano podía porse a dous puntos dos de Luisito, que agora visitarán ao Somozas o domingo con máis tranquilidade
Osasuna B - Valladolid B
photo_camera Osasuna B - Valladolid B

O Valladolid B, inmediato perseguidor do Pontevedra na loita pola cuarta praza que dá acceso aos play offs de ascenso, picou este xoves en casa do Osasuna B por 2-1. O filial valisoletano, que podía porse a dous puntos dos de Luisito e meterlles presión de cara ao partido do domingo en Somozas, viu como as promesas rojillas lle remontaban o 0-1 co que se chegou ao descanso.

O empate logrouno Álex Sánchez no 60 e un minuto despois os locais quedaron con dez pola expulsión de Iván Márquez, pero cun menos Barja, cun golazo, deulle a vitoria ao Osasuna B. O Valladolid B, que viu como lle anularon un gol no desconto, segue a cinco puntos do Pontevedra e cun partido máis. 


Máis en Deporte General
Comentarios