Zahara leva a súa xira 'Puta' á sala Tebras en febreiro

A cantante andaluza presenta en Lugo o seu polémico disco con referencias católicas
Zahara. NOEMÍ ELÍAS BASCUÑANA
photo_camera Zahara. NOEMÍ ELÍAS BASCUÑANA

A cantante ubetense Zahara presentará o 11 de febreiro na lucense sala Tebras o seu polémico disco Puta, concerto enmarcardo dentro da xira homónima e que forma parte de VibraMahou.

O concerto comezará ás 22.00 horas aínda que as portas estarán abertas desde as 21.00. As entradas atópanse dispoñibles para compra cun prezo inicial de 19 euros máis gastos de xestión.

As seguintes presentacións en directo de Zahara serán en León o 12 de febreiro, en Vitoria o día 25 do mesmo mes e en Bilbao, o 26.

POLÉMICA. O último traballo musical de Zahara leva por título Puta e nas súas cancións fai referencia á xestación subrogada, o abuso sexual ou experiencias de strong <>malos tratos.

En agosto de 2021, a cantante foi o centro das críticas polo cartel do seu concerto na cidade de Toledo, pois emulaba unha imaxe da Virxe María.

O partido político Vox comezou a petición para que se cancelase o concerto de Zahara na cidade, pero a polémica converteu á cantante en trending topic mundial.

Comentarios