Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Anxel Fole pola súa obra 'Veleno de tinta imprensa'

Luz Darriba, Xosé Cid e Manuel Bragado formaron parte do xurado do premio que convoca o Concello de Lugo

Xosé Antonio Neira Cruz.AEP
photo_camera Xosé Antonio Neira Cruz.AEP

O xurado profesional do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que convoca o Concello de Lugo, decidiu premiar ao escritor Xosé Antonio Neira Cruz pola obra titulada Veleno de tinta imprensa.

O xurado, presidido pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre –con voz, pero sen voto–, estivo composto pola artista Luz Darriba; o gañador da edición anterior, Xosé Cid; e o ensaísta, crítico e editor Manuel Bragado, como representante de Edicións Xerais.

O premio consiste en 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.

Comentarios