Varios municipios pontevedreses protagonizan o stand de Turismo Rías Baixas

'Fiesta de la Trucha' (Foto de archivo: EPL)
photo_camera 'Fiesta de la Trucha' (Foto de archivo: EPL)

Os municipios pontevedreses de Baiona, Vigo, Cerdedo, Ponte Caldelas e a comarca do Salnés foron protagonistas este xoves da segunda xornada da Feira Internacional de Turismo, FITUR 2009, no stand que Turismo Rías Baixas ten no evento.

Os actos comezaron sobre as 12.00 horas coa presentación da 'Feira Medieval de Pontearnelas', que se celebrará os días 4 e 5 de xullo.

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, destacou o carácter histórico do evento, no que participaron ''máis de 15.000 persoas'' na súa primeira edición.

Oferta turística
Pola súa banda, o presidente do ente provincial falou tamén de ''acontecemento histórico medieval'' e agradeceu a colaboración que Ribadumia, Cambados e Vilanova de Arousa prestan a este festexo.

Media hora máis tarde, o xerente da Mancomunidade do Salnés, José Ramón García, interveu para explicar o proxecto 'O Salnés a medida', cuxo obxectivo é dar a coñecer a oferta turística da zona.

Ás 13.30 horas chegou a quenda da Confraría do Santísimo Cristo dos Afligidos de Bouzas, para presentar os lumes do municipio, con máis de 400 anos de tradición.

Menús de Galicia
A 'IV Festa Gastronómica do Xabaril' de Cerdedo foi a seguinte o pasar polo escenario do stand de Turismo Rías Baixas, da man do seu alcalde, José Balseiros. O mandatario destacou a ''riqueza turística'' deste concello de Terra de Montes, no interior da provincia pontevedresa.

A xornada pechouse coa 'Festa da Troita' través da intervención do alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez. Máis de 43 anos de tradición para un evento que pretende converterse en ''festa sostible'', segundo manifestou o mandatario.

Comentarios