'Ágora' e 'Celda 211', ata nos selos

As películas Cela 211, de Daniel Monzón, e Ágora, de Alejandro Amenábar, xa teñen o seu propio selo postal, grazas ao acordo entre a Academia de Cine e Correos, que inician así o lanzamento dunha a primeira colección filatélica dedicada ao cine español.

O selo que homenaxea a Celda 211, gañadora de oito Premios Goya, -entre os que figuran mellor película, dirección, guión adaptado e actor protagonista- reproduce o premio Goya e o cartel da película, no que aparece o preso 'Malamadre', interpretado por Luís Tosar.

Esta estampilla entrou en circulación o pasado 9 de marzo cunha tirada de 320.000 exemplares, a mesma coa que empezará a circular a dedicada a Ágora o vindeiro 5 de abril.

O selo da película máis cara da historia do noso cine representa o cartel do filme -con Rachel Weisz no papel da filósofa Hipatia- e unha proxección en perspectiva dos sete Goyas que conseguiu.

"Os selos son a memoria do seu tempo, un selecto filtro que reflicte o mellor de cada época, e o cine español, pola súa orixinalidade e brillantez, gañouse por méritos propios un lugar de honra na nosa filatelia e na nosa historia", destaca o presidente de Correos, Sixto Heredia.

A emisión das estampillas dedicadas ás historias dirixidas por Monzón e Amenábar pertencen á serie Cine Español, un recordo aos premios, películas e actores e actrices máis destacados do noso cine.

Tras a emisión dos selos de Celda 211 e Ágora, unha colección que nace con vocación de permanencia, sairán á venda nos próximos meses os de Fernando Fernán-Gómez e José Luís López Vázquez.

Comentarios