A serie Rapa, coa que os irmáns Coira buscan repetir o éxito logrado en em <>Ferro, xa ten data do trinque e o próximo 19 de maio poderá verse completa na plataforma Movistar Plus+.
Creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por strong <>Jorge Coira, xunto a strong <>Elena
Todo comeza cando Amparo Seoane, a alcaldesa de Cedeira e a muller con máis poder da zona, é asasinada. Investigar o crime vai converterse nunha obsesión para Maite, sarxento da garda civil, e para Tomás, única testemuña do asasinato.
Para Maite, buscar ao asasino é unha obrigación, é o seu oficio. Para Tomás, que é profesor de Literatura no instituto e a quen ninguén deu vea neste enterro, é a oportunidade "posiblemente a última" de vivir unha historia como as que lle apaixona ler, e quizá así poder contala.
Ambos abrirán unha investigación que afectará o conxunto do pobo pois todos, dun modo ou outro, estaban relacionados con Amparo e tiñan algo que gañar ou que perder coa súa morte.
Producida por Movistar+ en colaboración coa produtora galega Portocabo, a serie de seis episodios de 50 minutos rodouse principalmente nas localidades galegas de Ferrol e Cedeira, unha terra antiga de altos cantiis sobre o mar, onde os cabalos viven libres, salvo un día, o da rapa dás bestas, que protagonizará algunhas das escenas.
únense a Javier Cámara e Mónica López, os actores Lucía Veiga, Eva Fernández, Toni Salgado, Ricardo Barreiro, Berta Ojea, Jorge Bosch, Santi Prego, Paula Morado, Adrian Ríos, Iria Sobrado, Perico Asorey, Mabel Rivera, Víctor Mosqueira, Nacho Castaño e Lara Boedo.