Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

A Semana de Cine de Autor de Lugo celebra ao grande os seus 40 anos

Presentación da Semana de Cine de Autor de Lugo. VITORIA RODRÍGUEZ
Presentación da Semana de Cine de Autor de Lugo. VITORIA RODRÍGUEZ

Proxectaranse 165 películas entre o 10 e 21 de setembro

A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que cumpre nesta edición 40 corenta anos de vida, celebrarase entre os días 10 e 21 de setembro coa proxección de 165 películas elixidas entre os 1.500 filmes enviados á Asociación Fotocinematográfica Fonmiñá desde "países de todo o mundo", segundo informou este martes o director do certame, Manuel Curiel.

Curiel participou na presentación desta nova edición do festival de cine de Lugo, acompañado polo presidente da Asociación Fonmiñá, Xulio Xiz; o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Ramón Carballo; o deputado provincial de Relacións Institucionais, Álvaro Santos; a edila de Cultura de Lugo, Carmen Basadre; e a vicerreitora do Campus de Lugo, Monserrat Valcárcel.

O director do certame explicou que facía anos que os afeccionados á sétimo arte viñan pedindo "quince días de cine" no festival, pero esperouse ao 40 aniversario para dar satisfacción a esa demanda, de modo que se concentrará en dúas semanas a proxección de 165 filmes que o propio Curiel tardou "tres meses e medio" en ver.

En canto á proxección das películas, realizarase no Auditorio Municipal Gustavo Freire, na Deputación de Lugo, na Biblioteca Provincial, no Centro Cultural Vello Cárcere, no Vicerreitorado do Campus de Lugo e no Museo Provincial, precisaron os organizadores.

Para estruturar os pases, o programa do festival dividiuse nun total de 12 ciclos e unha homenaxe á actriz lucense Rosalía Dúrcal.

Coincidindo con esta cuadraxésima edición, ao Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá tamén editou dous libros, un baixo o título Corenta Semanas de Cine en Lugo, que fai un percorrido cronolóxico pola historia do festival; e outro sobre a obra de Rosario Dúrcal, unha "lucense que foi grande no cine" en España "e Latinoamérica", explicou Xulio Xiz.

A Semana de Cine de Autor de Lugo celebra ao grande os seus 40 anos
Comentarios