San Simón acollerá unha nova edición do festival Sinsal do 23 ao 25 de xullo

As entradas sairán á venda a principios de xullo e inclúen o barco ata a illa
Festival de musica Sinsal San Simon en la isla de San simon. Ria de Vigo. Redondela.
photo_camera Unha edición anterior do festival Sinsal. ARQUIVO

A illa de San Simón, situada na ría de Vigo, acollerá unha nova edición do festival Sinsal SON Estrela Galicia entre os próximos 23 e 25 de xullo. 

As entradas para acceder ao evento, que incluirán o transporte en barco ata a illa, poderán adquirirse desde os primeiros días do próximo mes mediante a plataforma Enterticket, segundo detallaron os organizadores. 

Cartel Sen SalOs tickets poderán comprarse para cada unha das xornadas, xa que non se ofrecerán abonos, e estableceranse prezos diferenciados para adultos e menores de 16 anos. 

Esta edición, denominada Sinsal Esencia, estará conformada por música vangardista, manifestacións urbanas e sonoridades modernas ou con influencias electrónicas e celebrarase en horario de tarde durante tres xornadas. 

O cartel darase a coñecer cando o público desembarque na illa e cada banda e artista participante ofrecerá un único concerto, polo que o programa de cada día será completamente diferente ao do anterior. 

Comentarios