miércoles. 13.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 13.11.2019
El tiempo

Romanos e castrexos invaden Xinzo de Limia

Tede moito tino se hoxe andades por Xinzo de Limia, en calquera recuncho podedes atopar  aos soldados do exército do xeneral Xuño Bruto ou numerosos clans castrexos. Durante tres días -do 17 ao 19 de agosto- a vila ourensá retrocede no tempo para conmemorar este evento que neste ano lucirá o rango "de interese turístico galego".

Tres dias de troula
Hoxe, venres, "Día Castrexo", dá comezo a Festa do Esquecemento. Destacamos a concentración dos dous exércitos e o posterior desfile ata a praza maior arredor das once da noite.

Á media noite escenificárase o ritual do prendido do lume sagrado e tan só media hora máis tarde, Marina Carballal (a rosmona Maribel dos Tonechos) lerá o pregón. Para rematar a xornada nada mellor que acudir a unha sesión do Senado de Roma, onde os homes máis poderosos do imperio critican con ironía á Terra da Limia.

Pero, isto non remata aquí, a troula continúa o sábado coa chegada de Décimo Xuño Bruto e o domingo coa gran batalla e a vitoria de Roma. Durante os dous días poderemos gozar do 'Macelum', onde os mercaderes das provincias do imperio ofrecerannos os seus variados e exóticos produtos e tamén de numerosas representacións teatrais.

A orixe
Comandadas por Décimo Xuño Bruto, as lexións romanas chegaron ata a marxe esquerda do río Limia alá polo ano 135 a.d.C. A beleza da paisaxe enganounos e os alí presentes creron estar diante do lendario río Lethes, que borraba tódalas lembranzas da memoria de quen se atrevía a cruzalo.

Empuñando un estandarte das aguias de Roma, o comandante comezou a chamar dende a outra beira a cada un dos seus soldados polo nome. Quedaba totalmente probado que aquel non era o río do esquecemento.

Romanos e castrexos invaden Xinzo de Limia
Comentarios