martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

Rodrigo Cuevas e Califato animarán os Eidos de Outono a celebrar no Courel

Uxío Novoneyra, Uxía, Dolores Castro, Javier Arias, Wöyza e Xaime Casas. VICTORIA RODRÍGUEZ
Uxío Novoneyra, Uxía, Dolores Castro, Javier Arias, Wöyza e Xaime Casas. VICTORIA RODRÍGUEZ
O programa, que se desenvolverá entre o próximo día 30 e 1 de novembro, complétase con Uxía cantando a Novoneyra e Wöyza

Uxío Novoneyra, secretario da fundación dedicada ao seu pai, remarcaba este xoves que "non houbo ningún accidente de tráfico" na rolda de presentación do festival Eidos de Outono, que volve ao Courel entre o 30 deste mes e o 1 de novembro. O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, estendeu a man para coller o seu brazo e recordarlle: "Vaise amañar". A alcaldesa, Dolores Castro, remarcou que se continúa dispensando medicamentos pese a que pechou a farmacia. Novoneyra sinalou brotes no municipio verde como que aumentaron os colexiais e os turistas e se recupera Eidos de Outono tras o parón da pandemia.

Nese marco incidiu no dereito do Courel de "disfrutar dunha actividade cultural como calquera lugar de Europa". Encaixou os Eidos de Outono nas festas que se celebran no tempo da castaña, que o seu pai chamaba "o momento da faia".

O certame volve facerse dous anos máis tarde, nunha segunda edición, que contará con Rodrigo Cuevas, Califato 3/4, Uxía e Wöyza. Cuevas presentará o espectáculo Trópico de Covadonga, onde volve mesturar electrónica, tradición e humor.

Uxío Novoneyra remarcou que "se programa flamenco por vez primeira" con Califato 3/4.

Uxía volverá interpretar "un disco que é eterno en min", Uxía-o (2017), no que canta poemas de Novoneyra. Vai interpretalo nun formato de cuarteto.

Wöyza xúntase con The Galician Messengers para reinterpetrar temas de Los Tamara ou Emilio Cao mesturándoa con soul, hip hop e gospel. Haberá máis electrónica con BabyKatze e Sila Lúa, ás que se sumarán Marta Toro e Xabi B.

As actuacións serán na sede da fundación, en Parada, e na Praza do Concello de Folgoso.

Rodrigo Cuevas e Califato animarán os Eidos de Outono a celebrar no...
comentarios