Robert de Niro, encargado de resucitar o mítico Enzo Ferrari na gran pantalla

A película relatará os acontecementos que van desde 1945 ata a década de 1980, un período relevante tanto para a casa Ferrari como para o seu fundador

Como xa era coñecido, a vida de Enzo Ferrari saltará ao cine nunha película que repasará as grandes fazañas do fundador da casa do Cavallino Rampante. Pero agora coñécese que estará protagonizada por outra lenda, neste caso do sétimo arte: Robert de Niro.

O diario italiano Il Messaggero informa de que a película relatará os acontecementos que van desde 1945 ata a década de 1980, un período relevante tanto para a casa Ferrari como para o seu fundador que morreu en 1988 aos 90 anos, pero antes viu como a súa escuadra se convertería nun equipo punteiro na Fórmula 1.

"É unha honra para min poder contar a vida dun home extraordinario que revolucionou o mundo do deporte do motor", afirma De Niro en declaracións á publicación italiana. "A película entrará en fase de produción en breve, sobre todo en Italia, e ten prioridade absoluta sobre todos os meus proxectos restantes", apunta o actor.

Informacións sen confirmar apuntan que Clint Eastwood estaría intersado en capitanear o proxecto se o convence o guión, que será obra de Stephen J. Rivele e Christopher Wilkinson (Nixon).

A cinta, que levará por titulo simplemente Ferrari, conta coa produción de Gianni Bozzacchi a través da súa compañía Triworld e do propio De Niro a través de TriBeCa Filme. Bozzacchi asegurou que a película será unha "épica" superproducción de gran orzamento. Non hai que esquecer que De Niro xa estivo a piques de interpretar ao fundador de Ferrari nunha produción principios de 1990 que ía estar dirixida por Michael Mann e que nunca chegou aos cines.

Comentarios