domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Ramón Villares fala sobre a influencia de Galicia no mundo

Ramón Villares. VICTORIA RODRÍGUEZ
Ramón Villares. VICTORIA RODRÍGUEZ
O flamante premio Otero Pedrayo diserta sobre o seu novo ensaio na tarde do luns en Lugo en Encontros en El Progreso

Ramón Villares, último e flamante gañador do premio Ramón Otero Pedrayo, falará sobre o seu último ensaio, Galicia, unha nación entre dous mundos (Pasado & Presente), no ciclo Encontros en El Progreso na tarde do luns en Lugo. 

O acto, que comezará ás 20.00 horas na sede de Afundación, contará co acompañamento ao autor por parte do exdirector deste diario Lois Caeiro e da xornalista Lourdes Abuide

Villares parte de que "Galicia é unha nación cultural europea feita dende abaixo e mantida pola comunidade campesiña en alianza cunhas elites eclesiásticas fortes". Unha vez que esa nación cultural consegue unhas características que permitirían levantarlle un mapa, aparecen "unhas elites románticas e postrománticas que tratan de converterla en nación política". O historiador pon como exemplo de cultura "que se transformou en Estado" a Alemaña e de Estado "que se converteu en nación", a Francia. 

Na evolución desa nación cultural tivo moita importancia a emigración, un tema longa e intensamente estudado polo historiador. "A miña primeira conferencia foi sobre a emigración en Vilagarcía. Daquela tiña esa idea miserabilista, moral, propia do rosalianismo, de carga sentimental; consideraba emigrar como unha desgraza. Non hai que dramatizar. Era mellor quedar na casa a pasar fame ou ser explotado nunha mina? A emigración é un fenomeno estable no tempo, pero minoritario", indica.

Ramón Villares fala sobre a influencia de Galicia no mundo
Comentarios