martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

Piden á RAG que dedique o Día das Letras Galegas a Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana. XESÚS PONTE
Darío Xohán Cabana. XESÚS PONTE
Lugo Sempre solicitará por carta que "non teñan que pasar" dez anos desde a morte dun escritor para poder ser protagonista do 17 de maio

A asociación cultural e observatorio político Lugo Sempre pedirá á Real Academia Galega que "faga unha excepción" e dedique proximamente o Día das Letras Galegas ao escritor e académico, Darío Xohán Cabana, falecido a pasada semana tras unha longa enfermidade no seu domicilio de Lugo. 

O presidente de Lugo Sempre, Agustín Gallego, puntualizou que "unha vez pasada a traxedia" da perda do autor de Cospeito solicitarán por carta que "non teñan que pasar" dez anos desde a morte dun escritor para poder ser protagonista do 17 de maio. 

"Esperamos que se faga unha excepción; somos conscientes de que teñen que pasar uns anos para que sexa así, pero ímolo intentar"

Gallego reivindicou a "gran figura cultural e literaria" que atesouraba Darío Xohán Cabana. "A día de hoxe creo que non se lle dá o valor que se lle ten que dar, aínda que parte da sociedade si. O legado que nos vai deixar é moi importante", sinalou. 

Así, concretou que a petición formal á RAG aínda non foi formulada, aínda que se lle fará chegar a través dun escrito para que conceda unha excepción á "regra non escrita" que establece que deba pasar polo menos unha década desde a perda dun autor para que se lle dedique o Día das Letras. 

"Esperamos que se faga unha excepción, aínda que somos conscientes de que teñen que pasar uns anos para que sexa así, pero nós ímolo intentar", manifestou. 

Piden á RAG que dedique o Día das Letras Galegas a Darío Xohán Cabana
comentarios