jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

Presentación de 'Ons', de Alfonso Zarauza, en Lugo

Envolve ao espectador nun universo marcado polo carácter da illa de Ons
A película conta cun universo propio que envolve o espectador e que está marcado polo carácter da illa de Ons

A película Ons, de Alfonso Zarauza, presentouse este domingo nos Cines Códex de Lugo, onde se exhibe este cinta desde o pasado venres.

Un total de catorce salas de cinema proxectan a última película do director galego. En concreto, o filme inicia a súa primeira semana nas salas Gran Vía e Yelmo de Vigo, en Duplex Cinema de Ferrol e en tres salas da Coruña -Cantóns Cinemas, Cinesa Marineda e Yelmo Rosales-. 

En Lugo, pode verse en Códex Cinema e As Termas e en Santiago en Numax e en Cinesa As Cancelas. Ons tamén chegará ao Teatro Principal de Pontevedra, aos Cinemas Renoir Praza España de Madrid, a Boliche (Barcelona), aos Multicines Central da Estrada, á Avenida de Caldas de Reis e ao Cinema Seixo de Marín. 

A película conta cun universo propio que envolve ao espectador e que está marcado polo carácter da illa de Ons, na ría de Pontevedra, onde só viven nove persoas, a pesar dos numerosos turistas que recibe cada verán. 

Presentación de 'Ons', de Alfonso Zarauza, en Lugo
comentarios