miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

A pedagoga Antía Cal e a escritora María Xosé Queizán gañan o Otero Pedrayo

María Xosé Queizán e Antía Cal.AEP
María Xosé Queizán e Antía Cal.AEP

É a primeira edición na que o premio recae en dúas mulleres

A pedagoga Antía Cal e a escritora María Xosé Queizán foron as gañadoras do Premio Otero Pedrayo, convocado polas catro deputacións e a Xunta e que este ano foi organizado polo organismo provincial coruñés.

O premio, cuxo fallo se deu a coñecer no Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña), está dotado con 16.000 euros. Trátase da primeira edición que recae en dúas mulleres, "pioneiras no mundo do ensino e do uso do galego na escola no caso de Antía Cal e na defensa dos dereitos das mulleres da María Xosé Queizán".

Desde a súa creación hai máis de 40 anos, a pasada edición foi a primeira vez que unha muller, Margarita Ledo, gañou o premio. Este ano recae en dúas mulleres, modalidade que non é nova na historia do galardón con exemplos como Xaquín Lorenzo e José Fariña, Manuel María e Uxío Novoneyra ou Acislo Manzano e Manuel Buciños.

Tras darse a coñecer o fallo, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, valorou que o premio recaia "en dúas mulleres con traxectorias sólidas e comprometidas coa nosa cultura e o noso país". 
 

A pedagoga Antía Cal e a escritora María Xosé Queizán gañan o Otero...
Comentarios