Pechado o programa do Caudal Fest

O festival celebrarase entre os días 21 e 22 de setembro a beiras do río Miño 

El cantante de Vetusta Morla, Pucho. AEP
photo_camera O cantante de Vetusta Morla, Pucho. AEP

O Concello de Lugo informou do programa definitivo do Caudal Fest, o festival que se celebrará entre os días 21 e 22 de setembro a beiras do río Miño coa actuación de artistas como Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Mala Rodríguez ou Vetusta Morla, para o que xa foron vendidas máis de 7.000 entradas por parte da organización.

O primeiro día de festival, o único de entrada gratuíta, o recinto abrirá as súas portas ás 18:30 horas para presenciar as actuacións -por esa orde- de Igloo, Andrés Suárez, Viva Suecia, Rulo y la Contrabanda e Joe Crepúsculo.

O sábado, as portas do festival -nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense- quedarán abertas ás 15:00 horas para as actuacións -por esa orde- de Berta Franklin e David Prado, DePedro, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez, Vetusta Morla, Novedades Carminha e Eme DJ.

As entradas seguen á venda, a un prezo de 35 euros, e os organizadores esperan chegar aos 10.000 asistentes.

Comentarios