Spiderman salva a Obama

spiderman_obama_dentro.jpg
photo_camera spiderman_obama_dentro.jpg

Ao fotógrafo Peter Parker, o mozo ao que a picadura dunha araña converteu en Spiderman, encárganlle a reportaxe da investidura de Obama. Alí terá que enfrontarse a un dos seus maiores inimigos, que trata de usurpar a identidade do futuro presidente de Estados Unidos.

Así arrinca o argumento do número especial que a coñecida serie de cómic porá á venda o vindeiro mércores, unha semana antes da investidura do demócrata.

Presidentes de cómic
Non é a primeira vez que un mandatario estadounidense aparece na historieta. Spiderman salvou antes a Roosevelt, a Kennedy e ao mesmísimo George W. Bush. Pero Obama é o primeiro que cae nas súas redes antes de ser presidente. E todo por declararse seguidor do home araña.

"Cando nos decatamos de que o presidente electo é un coleccionista de cómics de Spiderman, sabiamos que estas dúas figuras históricas debían reunirse nos nosos cómics", explicou Joe Quesada, responsable da editorial Marvel. "A chegada dun fan de Spiderman ao despacho oval é un acontecemento que debe ser conmemorado", apostilou.

A historieta, escrita por Zeb Wells e debuxada por Todd Nauck e Frank D'Armata, dedica a súa portada ao presidente electo. Spiderman pídelle que a súa cara retrate os billetes de dólar, como contraprestación por saír el na primeira páxina dos seus cómics.

Comentarios