miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

A noite na que Sabina e Serrat fixeron chorar ó ceo (Vídeo)

serratsabina.jpg
serratsabina.jpg

A choiva non deixou que Sabina e Serrat lle fixeran sombra ó ceo na Praza do Obradoiro. Era unha oferta 2x1, ou como matar "Dos pájaros de un tiro". Dous artistas, sen necesidade de presentaicón, que se daban a man nun mesmo escenario para encher, como eles saben, unha Praza do Obradoiro en plenas festas do Apóstolo.

Pero unha hora despois do "Boas noites Galicia. Boas noites Santiago" co que comezaban, Serrat e Sabina, Sabina e Serrat, retirábanse por culpa do tremendo chaparrón que caía sobre o casco vello compostelán.

Malia todo, ninguén poderá dicir que as súas voces foran as culpables. Ata ese momento, todo perfecto, mesmo se as nubes presiaxaban xa a decepción que acabaría chegando. O Obradoiro era unha nova Babel antes do concerto, coa diversidade lingüística e o cóctel de acentos respondendo ó dúo de artistas que se uniu por primeira vez nesta xira.

Foron moitos, desde Portugal ata Barcelona ou Ciudad Real, os que se achegaron a Compostela con outra escusa, máis alá do Camiño de Santiago ou a visita ao Apóstolo, cando faltan escasos días para o día grande, para o 25 de xullo. Para os milleiros de persoas que se citaron esta noite xa foi un día grande, multiplicado por dous, como dous eran os artistas, históricos da música española, que por primeira vez en décadas se decidiron a subir xuntos a un escenario para intercambiar repertorio.

Hora escasa, pero intensa, de música
13.000 mil persoas na praza, ás que hai que sumar a aqueles que se quedaron preto da praza sen entrada, pero que querían escoitar os ecos das dúas voces sobre a pedra compostelá.

Hoy puede ser un gran día, entonaban a dúo ó entrar no escenario. Puido selo, pero en todo caso foi unha noite curta. Na hora escasa que a choiva lles deixou como tregua, Pueblo Blanco, Y sin embargo, Princesa ou Peces de ciudad fixeron as delicias do público. En ocasións, unha das voces lanzábase en solitario a cantar unha canción habitual da outra. No resto, fundíanse facendo vibrar ós incondicionais.

Ata que chegou Tu nombre me sabe a hierba, cun grandioso Sabina á guitarra. Pero o ceo non quixo saber máis e rompeu a chorar e o concerto suspendíase cando aínda estaba prevista hora e media máis de música. E os dous, Sabina e Serrat, Serrat e Sabina, fóronse coa música a outra parte.

Enfado do público
Serrat era o primeiro en rendirse. "Así no se puede seguir", susurroulle a un público que aínda agardaba o regreso, polo menos para unha despedida definitiva. Despois duns minutos, un mozo da organización anunciaba a suspensión, indicando que "as condicións poñían en perigo a todo o mundo", polas consecuencias que a choiva podía ter nos equipos de son. A indignación do público foi en aumento ó comprobar que os dous artistas non volvían nin para dicir adeus. "Serrat, Sabina, así non se termina", foi o último estribillo que sonou onte no Obradoiro.
 

A noite na que Sabina e Serrat fixeron chorar ó ceo (Vídeo)
comentarios