O Museo de Lugo abrillanta obras do Prado polos 200 anos do centro madrileño

Restauradoras lucences ultiman a rehabilitación de 'Cabeza de apóstolo', de Guido Reni, unha obra cedida pola pinacoteca nacional

Blanca Besteiro, del Museo de Lugo, y María López Villarejo, restauradora del Prado. EP
photo_camera Blanca Besteiro, do Museo de Lugo, e María López Villarejo, restauradora do Prado. EP

O Museo Provincial de Lugo iniciou un programa para celebrar os 200 anos do Prado a través dunha serie de accións baseadas nas obras que lle foron cedidas polo centro madrileño.

A directora da institución lucense, Aurelia Balseiro, comentou que "o Museo Provincial de Lugo expón 28 pinturas e dúas esculturas cedidas polo Museo do Prado dende 1934". A única obra pertencente ao centro madrileño que se gardaba nos almacéns era 'Cabeza de apóstolo' de Guido Reni (Bolonia, 1575-1642).

Reni, pintor e gravador italiano, foi longamente ignorado, pero era considerado na súa época un dos pintores máis importantes de Italia.

Hai un tempo o equipo de restauración do centro lucense, que dirixe Blanca Besteiro, sacouno para airealo e proceder á súa rehabilitación. A experta do Prado María López Villarejo estivo este luns en Lugo para supervisar os traballos que se están levando a cabo.

"Unha vez rematado este traballo daremos a coñecer ao público interesado tanto o proxecto como os seus resultados e expoñerase a obra intervida. Así mesmo, haberá outras iniciativas para poñer en valor esta efeméride e, polo tanto, os fondos do Museo Provincial de Lugo", apuntou a directora da entidade lucense.

As outras iniciativas apóianse sobre unha primeira homenaxe ao seu homólogo que tivo lugar en 2010. O motivo era que se cumprían "setenta anos dos inicios da relación entre ambos os museos se realizou unha importante exposición, froito da cal se editou un catálogo de María Quiroga, ambas as iniciativas realizadas en colaboración coa conservadora Mercedes Orihuela", segundo Aurelia Balseiro.

A intención é trazar un percorrido polas obras cedidas polo Prado e que están repartidas polo Museo Provincial.

Comentarios