Murado impartirá un taller no seu estudo de Jersey City

12 Miradas e Riverside abre o prazo para participar nesta actividade, que será en outubro

Antonio Murado. HIJOS DE RIVERA
photo_camera Antonio Murado. HIJOS DE RIVERA

O pintor Antonio Murado, nacido en Lugo, impartirá un taller destinado ao gremio das artes plásticas e decorativas no seu propio estudo en Mana Contemporary, Jersey City, dentro do programa 12 Miradas e Riverside de Hijos de Rivera. A convocatoria para participar está aberta ata finais de xullo e a actividade comeza o 4 de outubro deste ano.

O programa convoca a doce alumnos bolseiros e seleccionados polo artista Antonio Murado –seis deles de nacionalidade española ou doutros países con residencia en España e seis alumnos residentes en EE UU– para compartir o seu traballo artístico coa intención de indagar no proceso creativo a través dun exercicio de desconexión da propia obra e o vaciamiento do eu baixo o título "Orixinal, versión, interpretación... copia..." nas instalacións do Mana Contemporary.

Situado nun almacén de tabaco da década de 1920, o espazo insignia reúne estudos de artistas, espazos de exhibición e servizos auxiliares nun só lugar, facilitando o diálogo e a colaboración. Os visitantes teñen acceso a un centro creativo completo e transparente. A estrutura de colmea integrada permite un intercambio libre de ideas entre artistas. Os profesionais que se especializan nunha variedade de disciplinas traballan xuntos nunha contorna de pensamento avanzado que fomenta a experimentación, a colaboración e a inspiración mutua.

Antonio Murado captou a atención do sector artístico nacional facéndose en 1995, coa obtención da bolsa de creación artística na estranxeiro Unión Fenosa-Macuf, que goza dunha estancia en Nova York, cidade na que se instalou definitivamente.

Considerado pola críticia especializada como un dos pintores españois de maior proxección internacional, o proxecto artístico do lucense foi obxecto de numerosas exposicións individuais en institucións de países como Alemaña, Canadá ou Estados Unidos.

Comentarios