Morre o dramaturgo irlandés Brian Friel

O autor de 'Dancing at Lughnasa' tiña 86 anos de idade

O dramaturgo irlandés Brian Friel, autor de coñecidas obras como 'Philadelphia, Here I Come!' e 'Dancing At Lughnasa' ('O baile de agosto' en español), faleceu  na súa casa do condado de Donegal aos 86 anos, segundo informou a familia.

Friel, un dos escritores máis prestixiosos de Irlanda, faleceu acompañado pola súa esposa e fillas no seu domicilio da localidade de Greencastle, ao noroeste do país, logo dunha "longa enfermidade".

Nado no condado norirlandés de Tyrone, ao sur do Ulster, Friel escribiu máis dunha trintena de obras de teatro, aínda que foron as antes citadas as que lle deron fama internacional.

Comentarios