Morre aos 80 anos o dramaturgo e editor coruñés Francisco Pillado

Presidiu a Escola Dramática Galega e foi promotor de diversos grupos teatrasles, como O Facho
Francisco Pillado. AEP
photo_camera Francisco Pillado. AEP

O dramaturgo e editor coruñés Francisco Pillado faleceu este xoves aos 80 anos de idade e deixa tras de si un destacado legado como figura clave do teatro galego do século pasado. Pillado foi promotor de distintos grupos teatrais, como o coruñés O Facho, Escola Dramática Galega, Luís Seoane e Elsinor Teatro, ademais de presidir a Escola Dramática Galega.

Se o seu papel como dramaturgo foi importante, tamén destacou como editor. Foi fundador e director literario de strong <>Laiovento entre 1990 e 2014, cando abandonou o cargo lamentando a falta de apoio da Xunta á cultura galega. Pillado, fillo do director da Voz de Galicia Francisco Pillado Ribadulla, doou en 1996 a súa colección de libros de teatro á Universidade da Coruña.

Fixo o mesmo coa que herdou do seu pai e que está na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago. A súa morte foi recibida con numerosas mensaxes de pesar, entre eles, os da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da que era membro, ou a Mesa pola Normalización Lingüística e o literato e exdiputado Miguel Anxo Fernán Vello.

>

Comentarios