Luís López Alonso: "A miña poesía busca achegarse o máximo ao mundo natural"

O escritor sarriao que vén de presentar a obra Salífero
O poeta Luís Alonso López Alonso. LP
photo_camera O poeta Luís Alonso López Alonso. LP

O sarriao Luís López Alonso acaba de publicar Salífero, o seu primeiro libro individual de poesía. O autor xa recibira varios recoñecementos neste xénero literario, como no certame Minerva e noutro da Universidade de Vigo. Colabora nalgunhas revistas, publicación, recitais e intervencións arísticas, ademais de crear e guionizar dúas tempadas da serie de animación Cocorico.

Por que o título de Salífero?

Era a maneira de pechar o poemario, o título foi unha das últimas cousas que fixen. É como se os poemas fosen pequenos cristais de sal que no noso corpo, por medio da lectura, van atopando significado, que hai que disolver. O libro en si é como un salífero.

A obra foi un longo traballo?

Comeceina hai uns oito anos. Foi un proceso de busca de moitos anos, de reforma da miña voz. En principio era máis extenso, eran tres libros en si, fun reducindo e quedaron dous. Salífero está completo e Certo levigar, incompleto. Están relacionados, pero formalmente e esteticamente son algo distinto. Parecíanme poemas coherentes co que estou facendo agora.

Como definiría a súa poesía?

Case todo o mundo di que é esixente, que esixe unha lectura seria, que é difícil de ler. Creo que a miña poesía pretende achegarse o máximo posible ao mundo natural.

Cando comezou a escribir?

Desde neno, unha profesora dos mercedarios comentábame que desde os 6 anos. Non recordo exactamente, pero teño poemas gardados de canto tiña 9. Sempre escribín poesía. Agora levaba uns anos parado, non publicara nada.

Comentarios