Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

O melidao Dani Polo pelexa este mércores para poder chegar á final de 'Pura magia'

Dani Polo. TVE
Dani Polo. TVE

A súa continuidade no concurso está practicamente suxeita a conseguir escapar tras ser enterrado vivo

O ilusionista de Melide Dani Polo loita este mércores por chegar á final de Pura magia. Os seis concursantes que conseguiron alcanzar esta fase do programa deberán demostrar o aprendido na escola e sorprender na oitava gala.

Dani Polo e Gisell atoparon unha pedra no camiño por mor do seu anterior nomeamento, e se non superan o reto extremo, recibirán un joker que os deixará practicamente fóra da final. A súa continuidade no concurso está practicamente suxeita a conseguir escapar tras ser enterrados vivos.

A estas alturas, ser inmune xa non asegura a permanencia, pero reporta beneficios. Abel, que gañou a inmunidade a semana pasada, contará cun as de corazóns extra, un valioso ben que pode situalo máis preto de converterse no próximo gran mago.

Para aliviar tensións, os concursantes visitaron un spa coa intención de relaxar corpo e mente. Todos terán que realizar un número á altura das circunstancias, librarse da nominación e clasificarse.

O xurado –formado por Nina, Poty, a Maga Inés e Anthony Blake– decidirá os cinco finalistas desta edición. Un deles terá que abandonar a escola a unha semana da final.

O melidao Dani Polo pelexa este mércores para poder chegar á final...
Comentarios