miércoles. 17.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 17.07.2019
El tiempo

La M.O.D.A, Xoel López, La Casa Azul e Budiño nas Festas do Apóstolo 2019

Xoel López en Lugo. XESÚS Ponche
Xoel López en Lugo. XESÚS Ponche

O actor compostelán Luís Zahera será o pregoeiro das festas, cuxo cartel deste ano está composto por unha ampla variedade de estilos musicais

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este venres o programa das festas do Apóstolo, que este ano se celebrarán do 19 ao 31 de xullo, e que incluirán, entre outros nomes, a Xoel López, Chico César, La Casa Azul ou La M.O.D.A.

O edil explicou en rolda de prensa que este ano se trata dun programa que "estaba practicamente configurado polo anterior equipo de goberno" de Compostela Aberta. Explicou que, en calquera caso, "é un programa con propostas diversas en canto a estilos e públicos", cos grandes concertos centrados na praza da Quintana, complementados con outras propostas cada día noutros espazos da cidade.

Ademais, destacou que todas as actividades serán gratuítas e que tampouco faltarán os eventos tradicionais destas datas. A mesma noite do pregón o protagonista será Budiño, e na mesma Praza da Quintana actuarán tamén Xoel López (domingo 21), The Main Squeeze (luns 22), La Casa Azul (martes 23), La M.O.D.A (mércores 24), Leilía e Milladoiro (xoves 25) ou Chico César (domingo 28).

O edil de Festas destacou que haberá un Punto Lila de información e acompañamento sobre violencias sexuais, a disposición de todas as mulleres que se acheguen á cidade ou participen nos festexos

O mércores 31 haberá un concerto dedicado ás bandas e artistas galegos, con Banda Crebynsky, Fredi Leis e Holywater; e a do sábado 20 será unha noite dedicada á música electrónica. Tampouco faltarán na Quintana dúas citas tradicionais: o concerto da Real Filharmonía de Galicia (martes 30) e o da Banda Municipal, que nesta ocasión estará acompañada pola Gallaecia Big Band nun concerto especial o luns 29.

Tamén haberá cada día música na praza do Toural, pola que pasarán Jamila e Rey Montesinos, Kind of Soul, Nunatak, The Tune, Moon Crista, The Soul Jacket, Phantom Club, Wöyza, Trilitrate, Puerta Sur, Basanta e Lulavai. Tampouco faltarán as citas tradicionais do Apóstolo, como o Día do Traxe Galego, o torneo de chave, o concurso da pesca do escalo, as exhibicións de coches e de traxes de época, o Día de Padrón, as orquestras ou as atraccións, que estarán na Alameda ata o 31 de xullo. 

La M.O.D.A, Xoel López, La Casa Azul e Budiño nas Festas do...
Comentarios