Luis Tosar, Carlos Blanco e Willy Toledo protagonizan a serie de Netflix 'Los Favoritos de Midas'

A miniserie de seis episodios creada por Mateo Gil comezará a súa rodaxe o 4 de novembro
Mateo Gil y Luis Tosar. NETFLIX
photo_camera Mateo Gil e Luis Tosar. NETFLIX

Netflix anunciou o reparto que acompañará a Luis Tosar en Los Favoritos de Midas, a miniserie de seis episodios creada por Mateo Gil. O thriller comezará a súa rodaxe o próximo 4 de novembro en diferentes localizacións de Madrid e prolongarase durante 15 semanas, e contará —entre outros— co tamén galego Carlos Blanco e con Willy Toledo

Marta Belmonte (Gente que viene y bah, Isabel), Marta Milans (Vergüenza, El embarcadero) e Bea Segura (Hierro, Hospital Central), completan o reparto principal da ficción escrita por Mateo Gil e Miguel Barros

Ambientada no Madrid actual, Los Favoritos de Midas está inspirada no relato curto de Jack London The Minions of Midas (publicado en 1901), no que un grande empresario sofre unha estraña chantaxe: se non accede a pagar unha elevada suma de diñeiro, os autodenominados Favoritos de Midas matarán unha persoa ao azar na data sinalada e engadirán unha nova vítima periodicamente ata conseguir o seu obxectivo. ¿Cantas mortes será capaz de cargar sobre os seus ombreiros? 

O propio Gil e Oskar Santos dirixirán a serie que está producida por Nostromo Pictures e que ten prevista a súa estrea a nivel mundial en Netflix o próximo ano. 

Comentarios