lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Lugo propón ao cineasta Oliver Laxe para as Medallas Castelao 2020

O director de cine Oliver Laxe. CABALAR (EFE)
O director de cine Oliver Laxe. CABALAR (EFE)
A Deputación destaca o seu compromiso na defensa e promoción do medio rural galego e, especialmente, dos Ancares

A Deputación de Lugo propuxo ao cineasta e emprendedor rural Óliver Laxe como candidato ás Medallas Castelao 2020, polo seu labor no impulso do Novo Cinema Galego, do que é un referente e polo seu compromiso e implicación na defensa e promoción do medio rural galego, sobre todo en Os Ancares.

A institución provincial rexistrou oficialmente este mércores -día 3 de xuño- a candidatura do director de O que arde, a iniciativa "do presidente" da Deputación de Lugo, José Tomé. 

Para argumentar a candidatura, a Deputación de Lugo acompañou a súa solicitude cun "amplo documento sobre a súa traxectoria e cartas de apoio dunha trintena de asociacións e municipios cos que a entidade mantivo contacto para promover a proposta".

Oliver Laxe protagonizou hai uns día unha entrega especial de Foro Lucense na que defendeu "unha saída verde" á crise sanitaria

"Coas Medallas Castelao, a Xunta de Galicia distingue aos galegos e galegas pola súa contribución á súa terra, desde moi diferentes perspectivas. Desde a Deputación estamos convencidos de que Oliver Laxe debe ser distinguido con ese recoñecemento e, por iso, diriximos esta proposta en nome da institución", explica José Tomé.

Na súa proposta, a Deputación expón que Laxe "é merecedor da Medalla Castelao pola súa implicación na defensa do medio rural de Galicia, por potenciar proxectos culturais e de vida, en xeral; pola súa implicación na cultura e nas tradicións; por ser fillo da emigración e por basear parte da súa filmografía nun problema fundamental do territorio galego, como é o despoboamento e o abandono do rural galego", engade.

Lugo propón ao cineasta Oliver Laxe para as Medallas Castelao 2020
comentarios