viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Lugo convoca os Premios Connexio para potenciar o Camiño Primitivo

Lara Méndez. AEP
Lara Méndez. AEP
A iniciativa servirá para desenvolver "intervencións artísticas" en seis igrexas da ruta xacobea

O Concello de Lugo acaba de convocar os I Premios Connexio, unha "iniciativa pioneira para potenciar o Camiño Primitivo e o turismo a través da fusión da arte sacro e contemporáneo", segundo informou a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, quen tamén precisou que servirá para desenvolver "intervencións artísticas" en seis igrexas da ruta xacobea.

Lara Méndez precisou que o obxectivo final desta iniciativa, que será desenvolvida en colaboración coa Diocese de Lugo, é darlle "unha maior proxección a Lugo cara a Europa aproveitando a celebración do Ano Santo".

"Abriremos o vindeiro luns, día 1 de xullo, a convocatoria pública para a creación de proxectos que serán expostos nestes templos, tanto no seu interior como no seu exterior, co obxectivo de invitar a reflexionar sobre o que representa a peregrinación e o contacto co Camiño", dixo a rexedora local.

Ademais, engadiu, servirá para potenciar a "investigación e a exploración dos vínculos entre a arquitectura litúrxica e a arte contemporánea".

A alcaldesa presentou este programa en compañía do delegado de episcopal de Patrimonio Artístico, César Carneiro, quen destacou "o enorme interese desta iniciativa, pouco común, pero que permite unha difusión moi importante do Camiño"; así como polo concelleiro Mauricio Repetto, quen avanzou que "para que os proxectos perduren no tempo, documentaranse e publicarán imaxes e vídeos sobre as intervencións durante a súa realización".

As intervencións artísticas serán desenvolvidas nas igrexas de Santa María de Gondar, San Xoán do Alto, San Vicente do Burgo, San Miguel de Bacurín, San Pedro de Abaixo -en Mera- e a Capela do Carme, elixidas porque son as que teñen "maior valor histórico e patrimonial".

Mauricio Repetto confirmou que cada unha das propostas artísticas elixida recibirá un premio de 3.000 euros.

Lugo convoca os Premios Connexio para potenciar o Camiño Primitivo
comentarios