domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Lugilde: "Lorca sabía que era o rei da festa, pero sentía a soidade"

Sergio Zearreta, Maite Ferreiro, Fran Núñez, Paloma Lugilde, Sabela Eiriz e María Roja. VICTORIA RODRÍGUEZ
Sergio Zearreta, Maite Ferreiro, Fran Núñez, Paloma Lugilde, Sabela Eiriz e María Roja. VICTORIA RODRÍGUEZ
A dramaturga ponse á fronte de Palimoco para representar 'Poeta en Nova York' os días 29 e 30 no auditorio municipal de Lugo

Paralelamente ao Titanic contruíuse o Olympic, un barco de características semellantes, que sobreviviu 23 anos ao xemelgo. O Olympic levou a Federico García Lorca a Nova York. San e salvo exteriormente, o poeta tiña o ánimo afundido. Viña de quedar desencantado polo amor dun escultor e polo recibimento dos seus amigos Buñuel e Dalí a Romancero gitano. Fora un éxito literario, pero eles -xa adentrados no surrealismo- considerárono un libro "costumbrista", tradicionalista.

Durante os nove meses que Lorca bota na cidade norteamericana, "se busca e se compara cos marxinados, os negros e as mulleres", indicaba este lunes Paloma Lugilde. A directora e dramaturga lucense referíase á versión teatral en galego do libro Poeta en Nueva York que representarán os días 29, mércores, e 30, xoves, ás 20.30 horas no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

O director do CDG alegrouse de que se traia 'Poeta en Nova York' "a Galicia e en galego"

Lugilde estruturou a obra en tres partes, que serán postas en escea por cadanseu actor. "As partes son o traxe (Sabela Eiriz), a máscara que cubre os personaxes; a cinza (María Roja), que o fai de-saparecer, e o espido, que é a forma máis pura (Sergio Zearreta)".

Esa busca da pureza determina que nesa altura o autor andaluz, como apuntou Paloma Lugilde, que "sabía que era o rei da festa, pero sabía que estaba só, sentía unha gran soidade".

A peza dramática leva por subtítulo Teatro baixo da area. Responde a esa evolución da obra que busca a pureza. "O teatro baixo da area remata no suicidio porque non hai outro remedio", asevera a directora.

A versión Poeta en Nova York é de primeiras veces. "É a primeira vez que se traduce esta obra ao galego", defendeu Lugilde. "É a primeira vez que participo nun proceso de creación na miña cidade", sinalou María Roja.

A obra estará rodeada de actividades, que comezarán o sábado con 'Quen ocupa esta cadeira?'

Será tamén a primeira vez en que Palimoco sexa a compañía residente no Centro Dramático Galego (CDG), con quen produce a obra. Será no Salón Teatro de Santiago na semana que comeza o 16 de marzo. Mesmo será o debut como director do CDG de Fran Núñez, que leva "unha semana no cargo".

Ese proceso terá un antecedente coa intervención Quen ocupa esa cadeira? o sábado día 25. Un grupo de 56 alumnos de 5 a 58 anos sentarán en cadeiras no fondo da Praza Maior de Lugo ás 12.30 horas para agardar por espectadores aos que dirán fragmentos de García Lorca . "Haberá unha nena de 5 anos que cantará La tarara", adiantou Paloma Lugilde.

O programa continuará o martes día 28 nun ensaio aberto o que asistirán alumnos da fundación TIC para planificar a posterior gravación do espectáculo.

O propio día 29 haberá un pase para alumnos dos institutos Muralla Romana, Virxe dos Ollos Grandes e colexio Fingoi. A estrea para o público en xeral terá lugar ese mesmo día pola tarde.

As representacións vespertinas poderán ser seguidas en directo por 110 persoas, que sentarán en cadeiras no escenario mentres Poeta en Nova York é posto en escena cunha "visión íntima e cercana".

Fran Núñez remarcou que a residencia de Palimoco en Compostela responde a un compromiso da súa antecesora á fronte do Centro Dramático, Fefa Noia; un compromiso que considera "lóxico" respectar porque "todos estamos de paso polo Centro Dramático Galego, o Centro segue".

Núñez considerou un acerto "traer ao galego e a Galicia esta obra" que amosa outro García Lorca diferente ao de Romancero.

Lugilde: "Lorca sabía que era o rei da festa, pero sentía a soidade"
comentarios