A lucense Ánxela Rodríguez gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de Narración

O xurado valorou que a obra As historias da ogra Pinta "transmite valores sociais moi importantes, como é o de non ter prexuízos iniciais sen ter pleno coñecemento das cousas"

Ánxela Gracias. SEBAS SENANDE
photo_camera Ánxela Grazas. SEBAS SENANDE

A escritora Ánxela Rodríguez Rodríguez (Lugo, 1968), tamén coñecida polo pseudónimo Ánxela Gracián, foi elixida gañadora co premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de Narración, que convoca a Deputación de Ourense, coa obra As historias da ogra Pinta (presentada baixo a lema A ogra pinta e as chulas). 

O xurado, na súa resolución, valorou que a obra galardoada "transmite valores sociais moi importantes, como é o de non ter prexuízos iniciais sen ter pleno coñecemento das cousas". Nela, figuran "pequenas historias de aventuras" nunha "pequena aldea galega", sita nunha contorna natural "cheo de feitizos".

Tras a resolución, a deputación ourensá abriu o prazo para o XV Premio Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración desde este mércores "ata o 3 de setembro", ao que poderán concorrer os traballos "inéditos e orixinais" realizados a partir do texto premiado de Ánxela Rodríguez. Ambos os premios están dotados cunha contía de 1.500 euros. 

Ánxela Gracián é unha escritora, tradutora, crítica literaria, animadora cultural e editora galega autora de varias obras de literatura infantil e xuvenil. Entre os seus traballos, traduciu Memorias de Adriano, de Marguerite Yourcenar, e obras doutros autores, e ademais conseguiu o galardón da sétima edición do Premio Plácido Castro pola súa tradución de A illa misteriosa, de Xullo Verne.

Comentarios