Luar na Lubre presentou en directo en Lugo o disco sobre a Ribeira Sacra

O concerto tivo lugar no auditorio Gustavo Freire e o público gozou cos 26 temas do álbum

Actuación de Luar na Lubre. SEBAS SENANDE
photo_camera Actuación de Luar na Lubre. SEBAS SENANDE

O auditorio Gustavo Freire de Lugo acolleu este venres un concerto do grupo folk Luar na Lubre, que presentou en directo o seu novo traballo discográfico.

Este novo álbum inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías "que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra", en palabras de Bieito Romero, que destacou que "esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música, un territorio que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música".

'Ribeira Sacra' conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata Sés, pasando pola coral de Ruada, Nani García, Marisa Valle Roso, Juan Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez e Brais Maceiras, entre outros.

Comentarios