Little Steven actuará en Vigo o próximo 12 de xullo

O músico estadounidense alcanzou a fama musical como guitarrista da banda de Bruce Springsteen

Little Steven. INSTAGRAM
photo_camera Little Steven. INSTAGRAM

O guitarrista e compositor Steven Van Zandt, tamén coñecido como Little Steven, actuará o próximo 12 de xullo no auditorio ao aire libre de Castrelos, en Vigo. O alcalde da cidade, Abel Caballero, confirmou a presenza do músico estadounidense, que alcanzou a fama musical como guitarrista da banda de Bruce Springsteen, no marco dos concertos programados para o verán.

A actuación a súa suma ás xa previstas no mesmo recinto de Dorian e Zoé, o 27 de xullo; Morat, o 31 de xullo; Joan Manuel Serrat, o 21 de xullo; Maná, o 23 de xullo, e Raphael, o 2 de agosto.

O alcalde avanzou que aínda faltan "dous grandes grupos" por anunciar en Castrelos de cara á tempada estival de 2018.

Comentarios