Les Luthiers, Princesa de Comunicación como "referente da liberdade"

O grupo arxentino combina o humor coa música e o uso de instrumentos da súa creación para realizar unha aceda crítica da sociedade
Les Luthiers, en A Coruña
photo_camera Les Luthiers, en A Coruña

O grupo arxentino Les Luthiers, que combina o humor coa música e o uso de instrumentos da súa creación, foi galardoado este mércores en Oviedo co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2017 por ser un "espello crítico e un referente de liberdade na sociedade contemporánea".

O fallo, dado a coñecer este mediodía polo presidente do xurado, o filólogo Víctor García de la Concha, recoñece que ao longo de medio século, este grupo nacido no ámbito universitario de Buenos Aires soubo converterse "nun dos principais comunicadores da cultura iberoamericana desde a creación artística e o humor".

"O seu orixinal tratamento da linguaxe, dos instrumentos musicais e da acción escénica atrae por centos de miles de espectadores de todas as xeracións, que converteron a Les Luthiers nun espello crítico e nun referente de liberdade na sociedade contemporánea", destaca o fallo do xurado.

A súa candidatura, que xa fora presentada en anos anteriores, impúxose nesta ocasión ás do biólogo especialista en evolución Francisco José Ayala, á do director do Washington Post, Martin Baron, e á do filósofo mexicano Miguel León-Portilla, entre outros.

En total, presentáronse 28 candidaturas de doce países para este galardón, co que o pasado ano foi distinguido o fotoperiodista estadounidense James Nachtwey, mestre da fotografía de guerra e comprometido testemuña dos desastres humanitarios.

O Premio de Comunicación e Humanidades é o segundo dos oito premios que concede a Fundación en fallarse este ano, despois de que a semana pasada se fixera co das Artes o polifacético creador surafricano William Kentridge.

Comentarios