As entradas para o concerto de Sabina na Coruña saen á venda o vindeiro luns

Logo da polémica pola revenda, os billetes estarán dispoñibles desde o día 20 en Ticketea e nos despachos de billetes do Concello herculino
Joaquín Sabina
photo_camera Joaquín Sabina

As entradas para o concerto da Coruña 22 de xullo no Coliseum, xa anunciado días atrás, saen á venda o vindeiro luns, día 20, a través de Ticketea e despachos de billetes do Concello da Coruña.

A mediados de febreiro, a
 oficina de Joaquín Sabina criticou que varias plataformas estaban a ofrecer entradas de reventa para o concerto na cidade herculina, polo que decidiu aprazar entón a venda. "Están a confundir ao público con supostas preinscricións, falsos anuncios de entradas esgotadas e compravendas fraudulentas de entradas inexistentes", dicían entón nun comunicado. 

Son xa un total de 21 as datas confirmadas na próxima xira por España de Sabina. Con máis de 125.000 entradas vendidas para os primeiros shows confirmados (incluíndo tres cheos en Madrid), a súa xira confírmase como un dos regresos máis esperados deste 2017. Este periplo por España comezará o 9 de xuño en Ubeda, localidade natal do artista, prolongándose ata mediados de outubro. 

Con Lo niego todo xa nas tendas, Joaquín Sabina anunciou este xoves novos concertos en Huelva, Granada e Málaga. Ademais, ante a alta demanda de entradas, anuncia unha cuarta actuación en Madrid. A nova data no WiZink Center de Madrid será o 19 de xullo e chega despois de que se esgotaron todas as entradas para os previamente anunciados para os días 21 e 22 de xuño e 18 de xullo.

Comentarios